Bica mantecada

Bica manteigada

Icono preparación receta

Tempo de preparación
70-75′
Forno 45-50′

Icono raciones

Racións
10

Icono tiempo de preparación

Dificultade
Difícil

Ingredientes para o fermento

  • 250g de fariña de forza
  • 150ml de auga
  • 2g de fermento fresco de panadería
  • 1 chisco de sal

INGREDIENTES PARA A MASA FINAL DE BICA MANTEIGADA

  • 200g de manteiga clarificada Deleitar
  • 400g de azucre
  • 250g de fermento previo
  • 6 ovos
  • Raiadura dun limón
  • 250g de fariña de trigo normal
  • 50g de azucre + 1 chisco de canela para polvoriñar

PASO A PASO

Mesturar todos os ingredientes do fermento, formar unha bola e deixar repousar con papel film.

Prequentar o forno a 180º. Montar co batedor a manteiga mesturada co azucre.

Engadir en anacos pequenos o fermento e axudarse dos ganchos do batedor para que non queden grumos. Engadir os ovos de un en un e posteriormente a raiadura de limón e a fariña. Remover ata ter unha masa homoxénea.

Encher un molde forrado con papel de forno e polvoriñar azucre e canela. Enfornar 45-50’ e deixar arrefriar.

Deleitar beneficiaria de Galicia Exporta Empresas 2018