Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Tempo de preparación
30′
Racións
8-10
Dificultade
Medio
INGREDIENTES
- 2 ovos
- 50ml de anís ou augardente de caña
- 500g de fariña de trigo
- 100g de manteiga clarificada Deleitar
- Raiadura de limón ou laranxa (a gusto)
- 150ml de auga temperada
- Un chisco de sal (5g)
- Aceite de oliva virxe extra ou de xirasol (para fritir as orellas)
- Azucre moído ou glas para polvoriñar
PASO A PASO
Botar auga temperada nun recipiente, un chisco de sal, a manteiga clarificada previamente derretida, a raiadura de limón ou laranxa, azucre, anís e ovos. Bater ata que non queden grumos e a continuación engadir a fariña de trigo, primeiro con variñas e despois amasar coa man.
Unha vez que teñamos a masa, coller porcións e estirar cun rodete.
Con respecto á fritura das orellas, necesítase unha tixola con abundante aceite e fritir as orellas polas dúas partes.
Retirar a un prato e polvoriñar o azucre moído.