Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Tempo de preparación
25′
Cociña 20′
Racións
6
Dificultade
Fácil
INGREDIENTES PARA LA CREMA
- 750ml de leite enteiro Deleitar
- 100g de azucre moído ou glas
- 3 xemas de ovo
- Pel raiada dun limón
- 80g de fariña fina
- 40g de manteiga
- 1 rama de canela e 1 vaina de vainilla
INGREDIENTES PARA O REBOZADO
- 500ml de aceite de oliva virxe
- 3 ovos
- 100g de fariña de trigo
- 100g de azucre normal mesturado cunha culler de canela en polvo
PASO A PASO
Poñer a metade do leite a lume medio-alto cunha canela en rama e a pel do limón, cando estea a punto de ferver, retirar e deixar 20’.
Retirar a canela e o limón. Coa outra metade do leite, engadir a fariña e remover, a continuación engadir a mestura previa.
Remover e dependendo da temperatura levará entre uns 20’-40’ espesar o leite. Cando estea lista introducir nun molde mollado previamente con aceite (para un fácil moldeo). Deixar arrefriar e despois meter no frigorífico unhas 3h.
Cortar o leite en porcións e pasala por fariña e despois por ovo.
Fritir e posteriormente polvoriñar azucre e canela.