Pulpo con puré de patata

Polbo á prancha con puré de pataca

Icono preparación receta

Tempo de preparación
20′

Icono raciones

Racións
4

Icono tiempo de preparación

Dificultade
Fácil

Ingredientes

  • 2 rabos de polbo cocido
  • 500gr. de pataca
  • 3 culleres de leite Deleitar (aínda que a cantidade depende da cremosidade desexada)
  • 1 culler sopeira de manteiga clarificada Deleitar
  • Sal/Sal en escamas
  • Pementa negra
  • Pemento doce e picante
  • Aceite de oliva
  • Pereixel/ceboliño (opcional para decorar)

PASO A PASO

Se compras polbo xa cocida, abre o envoltorio e introdúceo 1 minuto no microondas. Se prefires preparalo na casa, recomendámosche seguir os consellos de El Rey del Pulpo.

Para o puré, pela e corta en anacos as patacas. Pon no lume a pota con auga e sal e deixa que ferva. Cando a auga estea fervendo, introduce as patacas e deixa que se cozan durante 20 minutos. Escorre a auga e pon as patacas nun recipiente.

Engade manteiga, leite e pementa negra moída ás patacas e esmaga todo cun garfo.

Prepara unha tixola cun chorro de aceite de oliva, cando estea ben quente engade as colas do polbo coas ventosas cara arriba. Cando estea un pouco dourado, dálle a volta e listo.

Prepara un prato co puré de pataca e coloca enriba o polbo. Bótalle un chisco de sal en escamas, un chorro de aceite de oliva, pemento doce e picante, o ceboliño/pereixel e ¡a desfrutar!

Deleitar beneficiaria de Galicia Exporta Empresas 2018