Croquetas caseras

Croquetas caseiras

Icono preparación receta

Tempo de preparación
2h

Icono raciones

Racións
25-30

Icono tiempo de preparación

Dificultade
Medio

INGREDIENTES

PASO A PASO

Derretemos a manteiga Deleitar co aceite nunha tixola grande. Engadimos a fariña cribada e refogámola ata que perda o sabor en cru. Pouco a pouco imos incorporando o leite Deleitar ata que academos a textura desexada. Salpementamos e poñemos a noz moscada.

Agregamos o xamón serrano en anacos pequenos e deixamos cociñar uns 12 minutos, ata que vexamos que empeza a desprenderse das paredes da tixola.

Poñemos a masa nunha bandexa, cubrimos con papel film pegado á masa e deixamos arrefriar. Si non queredes utilizar film, pódese pincelar a masa cun pouco de manteiga Deleitar derretida.

Cando a masa estea fría (mellor deixala dun día para outro na neveira), imos facendo boliñas de masa para formar as croquetas, collendo porcións que se moldean con dúas culleres. Rebozamos primeiro en ovo e despois en pan relado.

Fritimos as croquetas en abundante aceite ata que estean douradas. Unha vez listas, poñémolas nun prato sobre papel de cociña para absorber o aceite sobrante e despois preparámolas para servir e, ¡a desfrutar!

Deleitar beneficiaria de Galicia Exporta Empresas 2018